-
O pasado domingo no programa Onda Curta da TVG emitiuse a curtametraxe de Albert Ponte titulada A Raza Palleira (perro sin raza), na que o realizador galego se estrea na nosa lingua e que coido que pode ser do interese dos habituais a este blogue por motivos que non...
-
A semana pasada anunciouse a rebaixa da PlayStation 3 de Sony, que non afecta só ó prezo senón tamén ás prestacións, o que hai que mirar con moito ollo, pois aforrar uns euros pode non pagar a pena. Nun principio sairá un modelo caralludo a 499 euros (que era...
-
Periodicamente Google me remite alertas de guiris que publican textos na Internet falando de Melide, e a meirande parte dos mesmos acaba aparecendo a polbería de Ezequiel, pero hoxe é A Garnacha a que ten esta curiosa reseña elaborada por Judith e Tracey: The Pulperia — What a Slippery...
-
Hoxe pasei por Voces de Galicia, e estiven a falar con Isidoro Valeiro da chegada do eñe e as tiles ós dominios puntoes, así como da revolución das televisións grazas ó time-shifting e á gravación, aínda que nos pillou o reloxo e non puidemos pasar ó tema que podería...
-
Finalmente subiron a YouTube un videoclip da película de Bollywood máis melidense, Preethi Yeke Bhoomi Melide: Fíxome graza escoitar iso de “Melide-eeee” no retrouso da canción. O que non puiden evitar vendo o vídeo é a sensación de que en calquera momento ían aparecer os Monxes Budistas de Sakya...
-
Os de Sony teñen un novo anuncio da súa serie Bravia, que tralas bolas e a pintura conta agora con coellos de cores: Este anuncio non me parece tan logrado coma os anteriores, pero coido que estou influenciado polos coello tolos de Rayman, dos que gusto moito máis, aínda...
-
Quero propor dende aquí unha proba de agudeza visual. Visitade a web de A Voz de Galicia e atopade cal das informacións non merece saír en La Voz de Galicia: A verdade é que entre a bomba gai, a vainilla de caca, a ferramenta de Touriño e o Pasapalabra...
-
O INE publicou os datos de uso das TIC no fogar e continuamos á cola de España: Como vén a ser costume, a única comunidade que vai peor que a nosa é Estremadura, polo que hai que pedir ás operadoras e ás Administracións que boten un cabo. O tema...
-
Rodri publica o seguinte : Porque eu não votei a Constituição do 78, porque não todos somos iguais ante a Lei, porque não creio nas instituições herdadas, reclamo o meu direito a exigir a instauração da III IV República Espanhola. Vaia, e eu teño que dicir que tampouco votei...