PSY segue moi vivo

Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...

Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado encadear vídeos que se convertan en auténticos virais, e un detalle fíxome lembrar a PSY: que vén de converterse no primeiro artista asiático en superar os 10 millóns de subscritores en YouTube, de aí que recibise o botón de diamante.

PSY continúa a ter o vídeo con maior volume de reproducións da historia, con 2.800 millóns de reproducións en YouTube, acumulando máis de 6.000 millóns de reproducións na súa canle, de aí que sexa un exemplo de como mudaron as vías de captación de ingresos dos músicos nos últimos anos (os vídeos musicais teñen agora máis forza que nunca, e moitos locais nocturnos non pinchan discos senón vídeos). E agora PSY ameaza con volver a pórse de moda, xa que este mes estreou disco, e dende hai unhas semanas ten un par de vídeos musicais.

New Face

Por unha banda estaría New Face, tema que parece toda unha superprodución, cunha montaxe moi na liña dos anteriores vídeos musicais de PSY.

I Luv It

Pero a min paréceme máis orixinal I Luv It, no que incluso conta cun cameo de Pikotaro (o de Pen Pineapple Apple Pen) e podemos ver unha estética bastante tola e uns efectos especiais bastante resultóns.

Iso si, polo momento ambos vídeos andan no contorno dos 35 millóns de reproducións, ou sexa, que dá a impresión de que non conseguiu aínda ter impacto fóra de Corea do Sur. Volveremos a escoitar a PSY nos eventos frikis do verán?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...