En Suíza tamén hai cosplay

Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...

Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con Suíza» chamada Fantasy Basel paréceme unha auténtica pasada, non polos convidados, senón polo moito que traballan o espazo, conseguindo que o público poida trasladarse, por exemplo, a hai moito tempo, nunha galaxia moi afastada.

Souben do evento friki por mor dun vídeo de TomiTotoro Productions que pareceume bastante chulo, especialmente porque está feito dándolle o protagonismo aos detalles dos cosplays. Gustei especialmente do que coido que é Ajani Goldmane de Magic, resultando especialmente rechamante o seu movemento de fociño ao respirar. Un puntazo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS