BBC News faise viral até en Galicia

Nos últimos días causou furor un vídeo de BBC News no que o profesor Robert Kelly, mentres estaba a falar en directo mediante videoconferencia sobre a destitución da presidenta...

Nos últimos días causou furor un vídeo de BBC News no que o profesor Robert Kelly, mentres estaba a falar en directo mediante videoconferencia sobre a destitución da presidenta surcoreana Park Geun-hye, veuse interrompido pola súa filla e o seu fillo, tras os que apareceu rapidamente a súa dona dun xeito bastante cómico.

Pero non chega con que ese vídeo acumule millóns de reproducións, senón que o conto inspirou numerosas parodias, como na que fan broma sobre o feito de que a meirande parte das persoas entenderon que a rapaza que retira a toda presa ao nenos da habitación no vídeo orixinal era a coidadora dos cativos:

Aínda que a parodia máis friki é a baseada en Star Wars (droides do carallo!):

Iso si, as amigas do programa A Tarde da Radio Galega, agora que presumen de youtubeiras, non puideron deixar pasar a oportunidade para facer a súa achega ao fenómeno viral.

Nótase que a Alberto Rivero custoulle moito conter a risa, aínda que nas tomas falsas si que riu a gusto.

ACTUALIZACIÓN (17-3-2017): Está a arrasar unha nova parodia na que podemos ver como sería o vídeo orixinal se a persoa entrevistada pola BBC News fose unha muller:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS