A CIA non me espía 😪

Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista...

Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista que a CIA estaba a espiarnos (cando de todos é sabido que os que fan espionaxe electrónica masiva son os da NSA), e ao entrar no plató atopei a Xosé A. Touriñán e David Amor que estaban a falar das últimas sesións da súa obra teatral Amigos Ata A Morte (na que teñen a sorte de coincidir con Ledicia Sola) e da serie Vidago Palace, que nun par de semanas poderase ver na TVG e na RTP.

Chegada a miña intervención, tocaba falar das cousas que contan os de WikiLeaks dun xeito bastante trapalleiro (desta volta omitiron parte da información e censuraron os documentos, algo que non fixeran nunca antes, á vez que tamén esaxeraron moito na nota de prensa que acompañaba á filtración).

De paso destaco que ao final metín a zoca, pois dixen que a palabra Google cando tiña que dicir Facebook, ou sexa, que foi a compañía de Mark Zuckerberg a que tivo moita responsabilidade á hora de divulgar falsidades durante a campaña, facendo que os partidaros de Trump reafirmasen as súas conviccións a través de novas inventadas, non por manipuladores políticos, senón por simples curritos dos contidos en liña que son conscientes de que certas informacións teñen o seu público sexan certas ou non (xa que captan moito tráfico e así xeran ingresos por publicidade). Por exemplo, tivo moito éxito unha nova na que se dicía que a xente que protestaba ante os mitins de Trump cobraba por iso. De verdade alguén pode crer esa parvada?! Pois vese que nos EE.UU. si!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS