As series de televisión de DC experimentarán a súa propia Invasión!

A finais dos anos 80 os comics de DC viviron unha importante macrosaga na que descubríase que no planeta Terra había unha predisposición a desenvolver un metaxén que era...

A finais dos anos 80 os comics de DC viviron unha importante macrosaga na que descubríase que no planeta Terra había unha predisposición a desenvolver un metaxén que era o responsable de tantos seres con superpoderes, polo que moitas razas alieníxenas sentíronse ameazadas e xuntáronse para atacar o planeta.

Concretamente foron os Khunds, o Thanagarianos, os Durlans, os señores da guerra de Okaara, a Cidadela, os Daxamitas e os Psións, contando cos Dominadores como nexo común. Estes últimos son uns extraterrestres altos, delgados e cabezóns, con intereses científicos, aínda que nunha liña un tanto Mengele.

Tivemos así unha grande saga que afectaba practicamente a todas as coleccións de cómics de DC, e que hai anos serviu de inspiración tamén para unha grande historia na serie de animación Young Justice, e que, finalmente, vai ter reflexo na ficción de acción real dando lugar a un soño para moitos frikis: un grande crossover que desenvolverase durante a semana posterior a Acción de Grazas, de xeito que de luns a xoves nos EE.UU: poderán ter a súa ración diaria.

A historia comezará na serie de Supergirl, aínda que só de xeito anecdótico, xa que a ameaza dos Dominadores ten lugar no Arrowverso, polo que Barry e Cisco acudirán onde Kara para perdir axuda ante a ameaza extraterrestre.

Logo, ao ver que o follón é monumental, unirán forzas tanto os grupos de Arrow e Flash, como os viaxeiros temporais que xuntou Rip Hunter, e que serán a chave para solucionar todo este asunto, xa que a invasión alieníxena parece ser unha aberración temporal que teñen que solucionar.

En calquera caso teremos unha grande ocasión para ver xuntos a unha chea de heroes en acción, grazas en boa medida porque agora as 4 series están na mesma canle nos EE.UU. (The CW), mentres que o resto de títulos de DC (Gotham e Lucifer) van á cadansúa bola. Será unha semana moi especial e todo pinta a que, se sae ben, repetirán a xogada cada ano, como pasa na banda deseñada.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS