En ExpOtaku estará unha cosplayer moi chuu, chuu, chuuli

Entre os días 20 e 22 de maio celebrarase unha nova edición de ExpOtaku, encontro da cultura popular no que haberá unha grande actividade ao redor do lecer electrónico,...

stella_chuu_13096174_1148808075184070_7981560352531268824_nEntre os días 20 e 22 de maio celebrarase unha nova edición de ExpOtaku, encontro da cultura popular no que haberá unha grande actividade ao redor do lecer electrónico, aínda que no seu programa de actividades destacan moitas outras frikadas como carreiras de chapas, exhibicións de Jugger, torneo de Softcombat, academia Jedi, ginkana de Harry Potter, iniciación ao Quidditch, exhibición de baile K-pop, concurso de karaoke, charlas moi variadas (incluso haberá unha sobre intelixencia artificial!), exposición de artigos de Coleccionista de Star Wars, e un par de meet & greet con Stella Chuu.

Stella Chuu? ♫ Who’s that girl? ♫ Pois resulta que é unha cosplayer de New York, con sona mundial, que visita por primeira vez España, e xusto vai para a un recinto coruñés ateigado de otakus. Coitadiña!

O mellor xeito de coñecela é a través dos seus cosplays:

E na Rede tamén podemos atopar unha reportaxe na que fan unha interesante achega a esta figura que teremos a fortuna de ver en EXPOCoruña nun par de semanas:

Non faltedes! Pasamos lista!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS