A serie de Predicador xa ten data

Moitas foron as voltas que deu o proxecto de Predicador (Preacher) para chegar á pequena pantalla, chegando incluso a avanzar bastante un filme que estaría protagonizado por Ben Affleck...

preacher-1200x707-PRE_101_LJ_0527_0707_RT

Moitas foron as voltas que deu o proxecto de Predicador (Preacher) para chegar á pequena pantalla, chegando incluso a avanzar bastante un filme que estaría protagonizado por Ben Affleck e Cameron Díaz (que sen dúbida poderían dar uns Jesse e Tulip moi semellantes ao da banda deseñada orixinal), pero as ideas parecías bastante arriscadas para o cine, e agora que a televisión estaba afeita a cousa máis violentas e transgresoras, chegou a hora de permitir que a obra de Garth Ennis e Steve Dillon transcenda o papel e poida seguirse como unha serie da AMC.

A canle AMC anunciou hoxe mesmo que Preacher chegará ás súas pantallas o 22 de maio, collendo relevo a Fear the Walking Dead, confirmando que a serie ten entre os seus produtores executivos a Seth Rogen, Evan Goldberg e Sam Catlin, e que os protagonistas serán Dominic Cooper (no papel do predicador Jesse Custer), Ruth Negga (a súa ex-moza Tulip) e Joseph Gilgun (un vagabundo irlandés, do que polo momento non dan pistas), que se xuntan nunha aventura moi tola na que farán acto de presenza personaxe do Ceo, o Inferno e todo o que está no medio.

Sospeito que o guión da serie suavizará bastante o orixinal, para non ter problemas cos grupos relixiosos nos EE.UU., pero aínda que estou encantado coa estrea desta serie, admito que a miña sede por series tipo Vértigo veuse cuberta por Banshee, serie que estreará a súa derradeira tempada o 1 de abril e que, sen entrar na súa face mística, fixo todo o que esperaría ver na serie de Predicador. Deixou o listón moi alto, polo que a AMC vai telo moi complicado para que a súa produción non quede como unha serie do montón.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS