Manolo de Xaniño, o novo herdeiro de Tojeiro

No ano 1993, moito antes de YouTube, o programa de Televisión Española Código Uno, presentado por Arturo Pérez Reverte, amosou ao mundo a figura de José Tojeiro, un home...

No ano 1993, moito antes de YouTube, o programa de Televisión Española Código Uno, presentado por Arturo Pérez Reverte, amosou ao mundo a figura de José Tojeiro, un home que acusaba a unhas prestitutas de roubarlle tras botarlle “drogha no Cola-Cao”:

Xa en 2007 unha reportaxe de Jacobo Paz titulada De Putas presentaba ao que parecía ser o herdeiro directo de Tojeiro, Toniño de Vilaza de Monterrei:

Pero Manuel Viéitez, máis coñecido como Manolo de Xaninho, parece ter arrebatado a coroa ao anterior por caer nun pozo tras saír dun club de alterne para declarar logo a La Voz de Galicia que «aínda bebín ben, unhas cervexas e logo uns gin-tonic, veleno puro, eu creo que me deron garrafón, e por iso me despistei».

O veciño de Ordes recoñeceu é todo un especimen, que de tanto ir de putas tivo até que vender a casa e mudarse a un pendello. Asegura que «eu vou alí con 500 euros e saio sen nada; penso que co garrafón aproveitan para sacarme os cartos, porque xa me pasou máis veces que non fun capaz de volver a casa», o que non lle quita o humor para comentar aos axentes que o rescataron que «a vida son dous días e hai que vivila», o que inspirou un deseño de Rei Zentolo:

reizentolo_manolo_de_xaninho_12742061_1054411124581547_5746734166513673163_n

Pero o mellor para facerse unha idea do que pasou é ver a reportaxe que botaron na Galega, onde podemos ver o pozo e a Manolo de Xaniño in person:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS