Decembro é o mes dos tráilers frikis da Paramount

Mentres contamos as horas para a estrea de El Despertar de la Fuerza, a Paramount non quere que Disney quede con todo o protagonismo e, que mellor xeito de...

Mentres contamos as horas para a estrea de El Despertar de la Fuerza, a Paramount non quere que Disney quede con todo o protagonismo e, que mellor xeito de apartar a vista de Star Wars que cun novo tráiler de Star Trek: Más Allá?

Sofia BoutellaO novo filme non terá a J. J. Abrams na dirección (aínda que si na produción), senón que cae en mans de Justin Lin, responsable de 4 entregas de The Fast and the Furious, polo que parece claro que imos ter unha película con moita acción.

Eu admito ser máis de Star Trek que de Star Wars, pero está claro que ao hype que consegue a franquía de Gene Roddenberry é moi inferior, como tamén acontece coas Tartarugas Mutantes, que nesta nova etapa non chegan nin de lonxe á tartarugomanía de primeiros dos 90.

E para culminar a oferta friki de Paramount para 2016, coido que é de xustiza salientar a estrea de Zoolander Nº 2. Boa non será, pero o que se di friki! 😀

Reservaranos a Paramount algún outro tráiler friki para o que resta de mes?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS