Xa está aquí o tráiler de El Poder de la Fuerza

Tras varios vídeos promocionais de garrafón, na que se amosaban imaxes inconexas do novo filme de Star Wars, por fin temos un tráiler no que podemos ver minimamente de...

Tras varios vídeos promocionais de garrafón, na que se amosaban imaxes inconexas do novo filme de Star Wars, por fin temos un tráiler no que podemos ver minimamente de que vai El Poder de la Fuerza:

Continúan moitas incógnitas, como o equilibrio de poder que haberá nesa época (República? Imperio?) ou a identidade dos personaxes (Finn será fillo de Han Solo? Kylo Ren será Luke Skywalker? Ou Luke será o derradeiro jedi do que fala o boneco con voz de Kylo Ren?), pero cando menos xa vemos o estilo que parece que vai ter a produción, que parece bastante atinado. O efectos especiais tamén parecen moi bos. Temos así a impresión de que, mentres o guión non teña cousas raras, será unha película que satisfará ás masas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS