Rabudo para sempre

Durante os últimos anos admirei a profesionalidade de Nacho Mirás como xornalista e tamén a súa faceta blogueira, xa que foi un deses xornalistas-blogueiros que servían de exemplo, aos...

Nacho MirásDurante os últimos anos admirei a profesionalidade de Nacho Mirás como xornalista e tamén a súa faceta blogueira, xa que foi un deses xornalistas-blogueiros que servían de exemplo, aos que había que citar cando se falaba dun traballo ben feito. Resulta curioso ver como, nun momento non que Nacho escribía o seu blog, atrevíase a abrir un Centro Galego en Second Life ou daba os seus primeiros pasos nas redes sociais, a prensa tradicional pasaba olimpicamente dos medios dixitais, o que deixaba en evidencia de que os xigantes da comunicación estaban a ignorar o talento que tiñan dentro, e o medo a innovación levou á prensa galega á crítica situación na que está actualmente. Estiveramos a máis rabudos coido que a situación sería moi distinta.

tarde piachesEste mestre que levaba moitos anos destacando, con traballos que o fixeron merecedor do Premio Galicia Comunicación 2006, e do que lembro detalles como un artigo no que falaba dun curmán meu ou a entrevista que fixo a Edilberto Alonso, iniciou unha difícil etapa da súa vía hai un par de anos, cando diagnosticáronlle un cancro, sendo exemplar a súa reacción: deu conta da súa loita no seu blog e incluso escribiu un libro de éxito. Esta mostra de valentía e xenerosidade valéronlle tamén numerosos premios nos últimos anos, o que permitiunos tamén compartir con el unha fermosa xornada en Cangas, onde recibiu unha mención especial durante o MexilOnseTuits. Ese día Nacho foi o primeiro en dar conta da miña camiseta de Carlton Banks, demostrando unha vez máis que os difíciles momentos que estaba a vivir non lle restaban sentido do humor.

Foi unha mágoa estrear a reacción de tristura no Facebook cunha nova sobre o pasamento de Nacho Mirás

Foi unha mágoa estrear a reacción de tristura no Facebook cunha nova sobre o pasamento de Nacho Mirás

Nacho agradecendo a mención especial do MexilOnseTuitsA seguinte vez que vin en persoa a Nacho foi durante a presentación da exposición de Pedro Rey sobre as edicións internacionais de Tintín, á que o noso rabudo acudiu facendo un grande esforzo, xa que ese mesmo día fora cando asinara o seu finiquito, ou sexa, cando pasara de ser un xornalista de baixa a un xubilado. Un deses momentos traumáticos nos que queda claro o peso da mochila coa que hai que cargar. Daquela aínda estaba a superar as distintas probas médicas ás que se sometía con frecuencia, chegando incluso a ser pregoeiro da Festa do Queixo de Arzúa e a participar nun Congreso de Oncoloxía, pero a situación foi dende ese momento costa abaixo. Ao pouco de comezar o verán Nacho deixou de actualizar o blog, e mediado xullo deu conta de que padecía unha parálise do lado esquerdo, polo que anunciaba en Twitter que deixará de escribir temporalmente. Temporalmente…

Finalmente sabemos da triste conclusión desta loita, da que todos sabemos o dura que foi grazas ás propias narracións do seu protagonista. En momentos así só podemos botar en falta a un grande home e desexar que a súa familia leve este transo o mellor posible.

Nacho, quédanos as túas palabras. Quédanos o teu recordo. Non é pouco.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS