De Vacas animou o TEDxGalicia

O pasado sábado celebrouse na Cidade da Cultura unha nova edición de TEDxGalicia, que este ano conseguiu desenvolverse en dúas sesións. A sesión matinal chamouse TEDxGaliciaU, e era máis...

De Vacas no TEDxGaliciaU

O pasado sábado celebrouse na Cidade da Cultura unha nova edición de TEDxGalicia, que este ano conseguiu desenvolverse en dúas sesións. A sesión matinal chamouse TEDxGaliciaU, e era máis próxima e informal, mentres que o evento tradicional tivo lugar pola tarde. Para encher o oco entre as actividades celebrouse unha sesión vermú na que tivemos a fortuna de contar co grupo De Vacas, que fíxonos pasar un bo anaco:

No propio TEDxGalicia tamén puidemos gozar dun pequeno tema a guitarra interpretado pola figura masculina de De Vacas, Guillerme Fernández, para que no ecuador dos relatorios fixese acto de presenza para interpretar un dos seus temas cunha magnifica recepción por parte do público.

De Vacas no TEDxGalicia

O tema que interpretaron non foi outro que a súa versión en galego do Noche y de Día de Enrique Iglesias, asegurando que servía para pechar o círculo xa que Inés Salvado, unha das integrantes da formación, saía no vídeo musical gravado en Galicia, aínda que de destacar intervencións súas, eu creo que a nivel galego quédalle mellor presumir de interpretar a Lorena, a ex-moza de Daniel el Pazo de Familia.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS