Slippery When Wet (Me Gustas Tú)

O álbum de Bon Jovi que incluía temas como Livin’ on a Prayer ou You Give Love a Bad Name levaba por título Slippery When Wet, pero non parece...

GFRIEND-2nd-Mini-Album-Flower-Bud

O álbum de Bon Jovi que incluía temas como Livin’ on a Prayer ou You Give Love a Bad Name levaba por título Slippery When Wet, pero non parece que a banda norteamericana padecese nunca os problemas de esvarar cando está mollado, como fixo a formación coreana GFriend, que interpretou un dos seus temas (que curiosamente leva a frase “me gustas tú” no seu título, sendo realmente difícil pillar a frase no retrouso) nun escenario despois de que caeran unhas pingas e a ninguén se lle ocorrese secar antes o chan:

Impresiona ver os tremendos hostións que se meten as rapazas (especialmente a que leva posta unha banda debaixo do xeonllo), e continúan a bailar como se tal cousa. Iso si, vendo o acontecido queda clarísimo que na actuación bailaban pero non cantaban. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS