Entre Prados anda o Charly

O mes pasado gravei en vídeo (bastante mal, pois pillei un contraluz bastante chungo) unha charla conxunta que durante a Hobbycon deron Adrián Prado e o seu pai, Miguelanxo...

Adrián e Miguelanxo Prado na Hobbycon con Charly

O mes pasado gravei en vídeo (bastante mal, pois pillei un contraluz bastante chungo) unha charla conxunta que durante a Hobbycon deron Adrián Prado e o seu pai, Miguelanxo Prado, conducidos por Carlos Pastoriza Charly, para falar da historia da ilustración dende as súas perspectivas persoais, o que permitiu coñecer un pouco mellor a ambos artistas dende un punto de vista moi próximo.

A charla non contou con toda a promoción que debera, e moitos habituais a este tipo de charlas souberon da mesma cando publiquei fotografías en Facebook, e para que poidan gozar de tal interesante sesión, compártoa a través de YouTube, para que estea ao alcance dos moitos que non puideron acudir presencialmente:

Tecnicamente a cousa non quedou ben (procurarei ter máis coidado no futuro), pero cando menos pode escoitarse todo dun xeito semellante a como se viviu en persoa (pois como non usaron o son da sala, e optei por empregar a gravación de ambiente, que era na que a voz quedaba máis clara e con niveis de volume máis compensados).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS