Lembrando Viñetas desde o Atlántico (I)

Tras comentar o inicio de Viñetas desde o Atlántico, deixei bastante abandonado o tema neste blog xa que me levou o seu tempo subir a cantidade de fotografías que...

charla de Ana Oncina

Tras comentar o inicio de Viñetas desde o Atlántico, deixei bastante abandonado o tema neste blog xa que me levou o seu tempo subir a cantidade de fotografías que compartín durante o festival a Facebook, pero non quería deixar de lado o encontro de referencia coruñés, polo que vou facer un pequeno repaso do mesmo para que quede constancia.

A Rúa da BD

Se algo cómpre salientar este ano é que as casetas comerciais estaban situadas onte en anos anteriores estaba as casetas rexionais, ou sexa, nun espazo máis amplo, que se prestaba moito ao paseo, e que practicamente todos os días, coa excepción dunha mañá de chuvia, estaba ateigada de xeito, cun ambiente magnífico que incluso foi amenizado pallasos disco e personaxes da Disney.

Como actividade máis sorprendente para min foi que nunha das xornadas un par de mozas repartisen publicidade da nova serie de televisión Fear The Walking Dead, pois non considerei que unha serie dese estilo precisase de promoción (a atención inicial tena garantida).

Sinaturas

Pero unha das cousas que máis contribuíu ao bo ambiente da Rúa da BD foi a complicidade coa autores, tanto presentes oficialmente en Viñetas desde o Atlántico coma convidados por algunha editorial ou, simplemente, que ao pasar por alí prestábanse a dedicar as súas obras aos seus seareiros.

Non foron poucas as veces que poidamos ver colas que ocupaban a Rúa da BD de lado a lado simplemente porque era Ana Oncina quen estaba a debuxar (vese que Croqueta y Empanadilla é xa un fenómeno de masas) aínda que a min resultoume aínda máis curioso comprobar como cando firmaba Emma Ríos había bastantes mozas facendo cola. E sorpréndeme porque a obra de Emma non me parece que sexa precisamente o que enmarcaría como dirixida a mulleres (cando menos, Bella Muerte, pese a ter unha forte presenza feminina, resulta unha lectura que non me atrevería a etiquetar sexualmente). Supoño que haberá algún toque na súa obra que conectará mellor co público feminino ou, cando menos, resulta máis respectuoso co mesmo.

Moitos outros pasaron por alí, como Antonio Seijas, Alfonso Zapico, Sento Llobell, o sempre xeneroso Luís Davila (que como non podía ser doutro xeito, estivo a asinar as súas obras durante unha chea de horas), Víctor Rivas, os responsables de Compota de Manatí (Jorge F. Peral e María Álvarez Hortas), Álvaro López, Manel Cráneo… e incluso o Hematocrítico de Arte.

Iso si, eu quixen aproveitar a oportunidade para que Xurxo G. Penalta me dedicase unha das súas láminas de 8House: Kiem e José Domingo fixese o propio coa súa multi-premiada obra Aventuras de un oficinista japonés.

Guest Stars

Outro detalle do que tamén gardo moi bo recordo desta edición de Viñetas e das moitas visitas de estrelas convidadas como os responsables do podcast Metrópoles Delirantes, a fundadora da páxina web Vivir Na Coruña, o humorista Víctor Grande, o condutor do Galicia por Diante da Radio Galega Kiko Veneno Novoa e incluso o friki de Star Wars máis recoñecido en YouTube, Iñaki Quenerapú. Un pracer poder atopar caras coñecidas frikeando pola Coruña coa desculpa de Viñetas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS