ExpoSyfy permanece aberta até o día 30

Este ano puiden ver a ExpoSyfy de PROPside.com no BOOM! Film & Comic e tamén durante Viñetas desde o Atlántico, e dado que aínda pode visitarse até o día...

ExpoSyfy en Afundación

Este ano puiden ver a ExpoSyfy de PROPside.com no BOOM! Film & Comic e tamén durante Viñetas desde o Atlántico, e dado que aínda pode visitarse até o día 30, quixera recomendar botarlle un ollo aos seareiros da ciencia ficción que non viran aínda esta exposición.

Admito que gustei máis da mostra cando pasou pola Coruña en 2011, pero desta volta non está tampouco mal. Iso si, gustei máis da disposición das peza no soto de Afundación que en Vigo, aínda que iso xa é cousa da distribución do espazo dispoñible.

Se non ides pasar, sempre podedes botar un ollo á exposición na galería que subín a Facebook.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS