ExpoSyfy volve a Coruña

En 2011 Viñetas desde o Atlántico tivo como acompañamento unha impresionante exposición de obxectos de ciencia ficción, ExpoSyfy, da que levei unha impresión moi boa, o que fixo que...

ExpoSyfy Coruña 2015

En 2011 Viñetas desde o Atlántico tivo como acompañamento unha impresionante exposición de obxectos de ciencia ficción, ExpoSyfy, da que levei unha impresión moi boa, o que fixo que estivese un chisco decepcionado cando en BOOM! Film & Comic houbo outra exposición co mesmo nome, xa que pareceume que o nivel era inferior. Agora adiantan que durante o mes de agosto, coincidindo de novo con Viñetas, volve a exposición á cidade herculina. Será a mesma exposición que en Vigo? Espero que cambie un chisco porque, sinceramente, as moitas pezas de Terminator Salvation non lle interesan a ninguén (a película é moi esquecible). Crucemos os dedos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS