O cosplay de York In A Box

A través de Kotaku sei da páxina de Facebook de York In A Box, imprescindible para quen guste do cosplay, pois ten instantáneas impresionantes das últimas convencións norteamericanas. Así,...

Comic Con

A través de Kotaku sei da páxina de Facebook de York In A Box, imprescindible para quen guste do cosplay, pois ten instantáneas impresionantes das últimas convencións norteamericanas.

Así, da Comic Con de San Diego ten imaxes bastante boas:

Pártome coa neniña zoscándolle a Loki e co contraste de tamaño de Potter-Hagrid. Tamén alucino que ben que quedou o Dr. Who (Tom Baker).

A Anime Expo, outra feira menos coñecida por aquí, tampouco ten mal nivel:

Desta volta fíxome graza o cambio de sexo de Superboy e de Sailor Moon, o orixinal que queda recrear o Robin Hood animado e o impactactante que é ver a un Célula en persoa.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS