En Instagram tamén hai comida divertida

Si, todos sabemos que Instagram está cheo de fotografías de comida, pés e gatos, pero unha nai australiana quixo sorprender ao mundo amosando as obras de arte que fai...

Si, todos sabemos que Instagram está cheo de fotografías de comida, pés e gatos, pero unha nai australiana quixo sorprender ao mundo amosando as obras de arte que fai para o seu fillo Jacob, dando á súa comida formas dos seus personaxes de ficción favoritos.

Coido que seguir @jacobs_food_diaries en Instagram é case unha obriga, e aínda que actualmente ten medio milleiro de seareiros, tras a súa mención en Mashable sospeito que vai incrementarse de xeito importante o volume de persoas que queren estar ao día sobre as creacións desta muller de Melbourne.

Gustavo e Animal

Aínda que as versións gastronómicas de Mr. Peabody, Gonzo, Simba, Pinocho, Kung Fu Panda, Donald, Epi e Brais, os Minions ou os Angry Birds ou Mike sexan unha pasada, coido que a máis impresionante é a recreación super-realista da ra Gustavo. O único malo que vexo a esas creación é que en vez de provocar ganas de comelas, dá magoa estragalas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS