O Dinosauro Bo

Que pasaría se o asteroide que extinguiu aos dinosauros tivera pasado de largo ao planeta Terra? Esa é a pregunta que se fan dende Pixar para o filme The...

The Good Dinosaur

Que pasaría se o asteroide que extinguiu aos dinosauros tivera pasado de largo ao planeta Terra? Esa é a pregunta que se fan dende Pixar para o filme The Good Dinosaur, unha obra que chegará este ano aos cines e que contará a historia da amizada entre o apatosauro Arlo e un neno humano.

Os protagonistas están moi ben feitos, cunhas faccións redondeadas que os converten en adorables, pero o que mete realmente medo é o realismo de todo o contorno natural. Chega a dar a impresión de que estamos ante un vídeo real ao que engadiron gráficos por ordenador, cando o certo é que todas as secuencias están xeradas infograficamente. Coido que dicir que estamos ante o filme de Pixar que máis impresiona visualmente non é arriscarse nadiña. Creo que ten todas as papeletas para ser a grande película do Nadal xunto coa nova entrega de Star Wars (a que sospeito que vai superar no balance anual por estrearse 3 semanas antes).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS