A Nosa Cinza terá cómic o ano que vén

Lembro que cando estaba no Instituto de Bacharelato había un rapaz na clase que sempre pedía resumos dos libros de obrigada lectura, porque pasaba olimpicamente de ocupar parte do...

A Nosa CinzaLembro que cando estaba no Instituto de Bacharelato había un rapaz na clase que sempre pedía resumos dos libros de obrigada lectura, porque pasaba olimpicamente de ocupar parte do seu templo lendo obras que, admitámolo, na súa meirande parte resulta difíciles de dixerir, e practicamente só venden exemplares por imposición dos docentes, pero houbo un libro que foi unha excepción: A Nosa Cinza.

Con ese texto non só rematara a lectura, senón que incluso comentaba momentos en concreto e facía bromas. Vese que o tema das macacas fixéralle moita graza. Nese momento entendín que iso das lecturas iniciáticas que moitos atribúen a autores como Verne non encaixan con certa xente, e non se pode xeneralizar. Non se trata de que a un lle guste a literatura, senón de atopar o tipo de literatura que pode gustarlle.

Xavier Alcalá, Alfredo Ferreiro e Manel Cráneo

Vexo así o libro de A Nosa Cinza como unha obra que casa moi ben coa nosa cultura e coa mocidade galega (cando menos, a da miña xeración) polo que só podo amosar ledicia e expectación ao saber que Manel Cráneo, Alfredo Ferreiro e Xavier Alcalá están a traballar na adaptación da obra á banda deseñada. Paréceme un xeito ideal para achegar a obra aos mozos de hoxe, así como para xustificar a revisión da obra orixinal para facer a inevitable comparación, e así poder discutir logo se gustamos máis da novela ou da banda deseñada. 😎

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS