O segundo spin-off de Arrow colle forma

Nos últimos meses fomos vendo como o éxito de Arrow levou a que se animasen a facer unha serie de The Flash, que funcionou magnificamente e, ante enorme cantidade...

DC's Legends of Tomorrow

Nos últimos meses fomos vendo como o éxito de Arrow levou a que se animasen a facer unha serie de The Flash, que funcionou magnificamente e, ante enorme cantidade de personaxes de DC que foron colando en ambas series, foron conscientes de que tiñan material dabondo para seguir muxindo a vaca, polo que puxéronse mans á obra para facer outras serie derivada máis, que parecía ser unha especie de Liga da Xustiza televisiva, pero que tras estrear o seu vídeo de presentación vemos que é outras cousa.

En DC’s Legends of Tomorrow (Vaites! Meten o DC diante na liña do que fan coas series da Marvel!) parten dunha historia na que o viaxeiro temporal Rip Hunter xunta a varios personaxes de Arrow (White Canary, The Atom) e The Flash (Firestorm, Capitán Frío e Heatwave) aos que súmase Hawkgirl para loitar contra unha ameaza imparable que ameaza o planeta (o malvado inmortal Vandal Savage). Estamos así ante unha versión televisiva dos Heroes Esquecidos (The Forgotten Heroes), grupo formado por Hunter con varios superheroes de segunda fila para frustrar un plan de Vandal para matar a Superman, pero en vista de que estariamos ante personaxes esquecidos, dende The CW parece que preferiron achegar a formación á Justice Society of America (JSA) para facela máis épica, e poder coller así tamén máis detalles das outras series e da banda deseñada.

Unha vez máis non me atrevo a prognosticar como funcionará esta serie, pero eu recibireina cos brazos abertos, pois como seareiro de DC agradezo enormemente que teñamos máis produción audiovisual cos seus personaxes nun momento no que Marvel ten demasiada forza (no verán imos ter 2 filmes da Marvel e ningún de DC). Deste xeito imos ter unha tempada 2015-2016 alucinante sen precedentes, con Supergirl, The Flash, Arrow, DC’s Legends of Tomorrow, Gotham e, se temos sorte, Constantine. E iso sen mencionar a liña Vertigo, que vai ter series de Lucifer, iZombie e Preacher. Tocounos a lotaría aos frikis? 🙂

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS