Manel Cráneo presenta a novela gráfica do Planeta Mincha

Hai uns meses Manel Cráneo recorreu á plataforma de micromecenado Verkami para financiar a súa nova obra, DestiNo HëRgusS¸ para o que perseguía sumar 10.500 euros, cantidade que conseguiu...

Manel CráneoHai uns meses Manel Cráneo recorreu á plataforma de micromecenado Verkami para financiar a súa nova obra, DestiNo HëRgusS¸ para o que perseguía sumar 10.500 euros, cantidade que conseguiu superar, de xeito que a súa obra por fin é realidade, estando a enviarse estes mesmos días aos mecenas que apoiaron o proxecto e podendo atoparse xa nas librarías especializadas galegas.

Para celebrar a estrea da obra, ás 19:00 horas Manel achegouse á Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano, onde se desenvolveu a primeira presentación oficial desta obra acubillada no Planeta Mincha, do que Cráneo é cónsul. De xeito, durante a presentación Manel introduciu aos presentes no concepto do Planeta Mincha como se fose Carlos Jesús falando con Cárdenas, pero sen soltar os “chiuuu, chiuuu” e sen bendicir aos presentes.

Outras obras de Manel Cráneo

Outras obras de Manel Cráneo

Puidemos coñecer moitos detalles desta curioso concepto que por fin ten novela gráfica, e que incluso pretende levarse á animación. De feito, a presentación rematou coa proxección dun trailer animado do Planeta Mincha, que gravei penosamente co móbil, por se a alguén facíalle ilusión facerse unha idea de como podería ser este curioso mundo alieníxena levado á vida.

Pola noite celebrarase unha festa que complementa a este acto, e no que o propio Pulmiño Viascón vai facer das súas, pinchando música do Planeta Mincha pois, por se non o sabedes, a banda deseñada de Cráneo incluso ten banda sonora, que se está a distribuír en formato dixital entre os mecenas da obra.

Se queredes ver máis imaxes do evento, publiquei unha galería fotográfica do mesmo en Facebook.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS