Wismichu supera os 2 millóns de subscritores

Aínda lembro o día no que indo a un sarao tecnolóxico con Juan Gestal, Javi Mos e Dani Seijo comentáronme que estaba a causar furor un rapaz da Coruña...

Wismichu supera os 2 millóns de reproducións

Aínda lembro o día no que indo a un sarao tecnolóxico con Juan Gestal, Javi Mos e Dani Seijo comentáronme que estaba a causar furor un rapaz da Coruña que publicaba vídeos en YouTube que respondía ao nome de Wismichu. Boteille un ollo e quedei bastante flipado co que facía Isma, e iso que aínda tiña un número de seareiros bastante modesto.

Isma probando unha 3DSProcurei contactar con el para entrevistalo para a Radio Galega, logo puiden velo en vivo na HobbyCon sen ser consciente de que incluso chegara a retratalo probando unha Nintendo 3DS cando aínda non facía vídeos (caín na conta polo seu amigo Bill), e fun vendo pouco a pouco como medraba a súa sona e, contra todo prognóstico, tras deixar de facer con frecuencia os seus divertidos Chatroulettes, conseguiu manter unha parroquia fiel que vén de superar a barreira dos 2 millóns de subscritores en YouTube.

Estamos ante uns seareiros reais, xa que cada un dos vídeos que Isma publica supera sen problemas o millón de reproducións e en moitos casos chega a preto dos dous millóns, ou sexa, que os subscritores non son como os de canles masivas, senón que procuran estar pendentes de cada unha das publicacións, o que tamén se percibe noutras plataformas sociais como Twitter, Facebook ou Instagram. Wismichu é todo un fenómeno de masas!

E se non víchedes nada de Isma ultimamente, déixovos aquí un dos seus últimos vídeos, dedicado ás aplicacións móbiles, no que solta un impagable “en aiOS, íOS… ¡en Mac! ¡¿No podeis buscarle un puto nombre normal, putos hipsters de mierda?! ¡Chúpame los huevos!”:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS