Esther cumpre corenta

O pasado venres Carlos Portela tivo o detalle de visitar a libraría Alita Comics da Coruña para achegar a súa última obra en papel, Esther cumple cuarenta, unha nova...

10256733_10152902159623966_7230728915567862243_o

O pasado venres Carlos Portela tivo o detalle de visitar a libraría Alita Comics da Coruña para achegar a súa última obra en papel, Esther cumple cuarenta, unha nova baseada no personaxe de banda deseñada Esther, creado por Purita Campos, e do que Portela tamén guioniza os seus últimos comics.

1396914_10152902167743966_6450932499728081067_o

Pese a estarmos ante un evento máis propio dunha libraría tradicional, xa que a obra non é precisamente de comics (aínda que na FNAC pensen o contrario), houbo unha boa asistencia á presentación, o que no resulta doado cando a persoa que expón a obra é o que pon os textos, pois se estivese Purita presente de seguro que aparecería moi máis xente para que lles dedicase o volume cun fermoso debuxo.

1512122_10152902159003966_1356721357077027157_o

Portela foi tan agradable como sempre, e quixo compartir cos presentes tanto a historia da creación da novela, como numerosos detalles do mundo de Esther, que ían dende os abusos editoriais a Purita Campos, até as dificultades para documentarse rigorosamente para poder non meter a zoca ao describir lugares e situación. Incluso chegou a comentar un par de detalles que están mal na edición da novela, e que espera poder corrixir se hai unha segunda edición.

Tras a conversa inicial máis formal, pasamos logo a unha charla máis curiosa, na que Portela comentaba que xa lle fixeran unha proposta para levar a Esther á pequena pantalla, pero que atoparon as dificultades propias de ter que ambientar a acción en Londres, polo que considera que será moi difícil que poidamos ver unha adaptación con actores reais da obra.

En calquera caso, ver que o universo de Esther segue vivo despois de tantos anos é algo salientable, e só podemos desexar que Purita aguante o suficiente neste mundo para poder ver como se completa a súa obra, para satisfacción propia e de todas a súas seareiras.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS