Bob Esponja en pantalla grande

Teño que admitir que non tiña nin idea de que preparaban a película Bob Esponja: Un héroe fuera del agua, o que me sorprende bastante polo feito de que...

Bob Esponja en 3D

Teño que admitir que non tiña nin idea de que preparaban a película Bob Esponja: Un héroe fuera del agua, o que me sorprende bastante polo feito de que vaia ser un filme en 3D no que os personaxes de animación saltan ao mundo real, en vez dun episodio longo da serie vendido como una longametraxe cinematográfica (como fan con moitoas outras series televisivas), o que teño que aplaudir pola súa valentía. Aínda que coido que o máis valente en todo o proxecto foi Antonio Banderas, para facer o ridículo personaxe que podemos ver no trailer da peli:

O 6 de febreiro poderemos ver esta obra, que pode ser un exitazo en recadación ou pasar totalmente desapercibida (lembremos que Bob Esponja xa ten mooooitos anos, polo que non é precisamente un personaxe de moda). Como mínimo poderá ser unha digna produción apta para toda a familia, o que non é pouco. Welcome to the jungle!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS