Trailer de Los Vengadores: La Era de Ultrón

Tras a filtración de onte, finalmente a Marvel publicou o trailer da secuela da peli dos Vingadores, e a que promete ser a película da vindeira primavera ten moi...

A Era de Ultrón

Tras a filtración de onte, finalmente a Marvel publicou o trailer da secuela da peli dos Vingadores, e a que promete ser a película da vindeira primavera ten moi boa pinta, aínda que os únicos que pillarán os detalles das secuencias amosadas posiblemente sexan só os lectores da banda deseñada:

La Era de Ultrónkk será o espertar dun androide que, nesta adaptación, en vez de ser obra de Hank Pym, será unha cagada de Tony Stark, xa que deixará de ser un monicreque, desfacéndose dos fíos que o manexa e tomando consciencia de si mesmo, converténdose nun dos meirandes inimigos dos Vingadores.

Iron Man co traxe de Hulkbuster

Vese que esta trama que no papel deu tanto xogo non chegaba para a grande pantalla, e optaron por engadir unha secuencia na que Hulk entolece e Tony Stark ten que enfundar o traxe de Hulkbuster para detelo. Chamádeme malpensado, pero creo que este detalle vai xerar máis cartos que o despacho de billetes, grazas a toda a mercadotecnia que vai inspirar.

Pola miña banda teño máis curiosidade por ver como introducen aos personaxes de Mercurio e Bruxa Escarlata dentro do equipo, pois é bastante curioso ver como o universo Marvel oficial no cine está a avanzar deixando de lado aos mutantes e aos 4 Fantásticos (por ter eses personaxes licenciados a outras compañías).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS