O meu Groot xa baila ao ritmo dos Jackson 5

Hai uns días encarguei ao británico James Sharp a través de Etsy que me fixese unha das súas figuras árbore, das que sempre insiste que non son realmente a...

Baby Groot co módulo de son

Hai uns días encarguei ao británico James Sharp a través de Etsy que me fixese unha das súas figuras árbore, das que sempre insiste que non son realmente a versión bailonga de Groot por non ter ningunha relación coa Marvel, e finalmente metinme na aventura de buscarlle unha maceta (sacada dun humidificador cerámico) e un módulo de son deses que se meten nas tarxetas de felicitación e semellantes, cargándolle un fragmento do tema I Want You Back un resultado bastante satisfactorio.

Cómpre destacar que até novembro non haberá un Baby Groot oficial á venda, e en calquera caso, sempre haberá que prefira tirar do Do It Yourself e facer un Groot único en arxila, como amosan no seguinte vídeo:

Por posibilidades que non sexa!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS