Cosplay Boom

Para ir quecendo o ambiente de cara ao concurso de cosplay que terá lugar o vindeiro domingo no Centro Ágora da Coruña no marco da Fun Factory Galicia que...

Cosplay Boom

Para ir quecendo o ambiente de cara ao concurso de cosplay que terá lugar o vindeiro domingo no Centro Ágora da Coruña no marco da Fun Factory Galicia que compartir unha nova serie de vídeos que bota a andar en YouTube, Cosplay Boom, e que quere dar unha imaxe diferente do fenómeno emerxente do cosplay.

Este proxecto busca financiarse mediante achegas dos seus seareiros, contando polo momento con só 30 mecenas que contribúen mensualmente cun total de 145 dólares, cantidade claramente innecesaria para algo que pretende converterse nunha actividade a tempo completo. É de agardar que tan pronto o proxecto gañe visibilidade poida captar máis fondos e así garantir a súa sustentabilidade.

Polo momento podemos ver as primeiras dúas partes de Cosplay Boom: Origins, nas que se exploran os primeiros pasos neste mundo por parte de varios cosplayers entre os que non faltan auténticas celebridades:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS