Discutir sobre cultura popular

O outro día lin un artigo sobre as discusións que son tan frecuentes sobre a cultura popular, ou sexa as típicas conversas frikis sobre series de televisión, películas o...

O outro día lin un artigo sobre as discusións que son tan frecuentes sobre a cultura popular, ou sexa as típicas conversas frikis sobre series de televisión, películas o libros, e sobre os pecados mortais que podemos cometer nas mesmas, como a falta de consenso sobre os spoilers, os improdutivos debates sobre  os xéneros, a influencia externa que non nos permite valorar as obras por si mesmas ou non respectar as opinións dos demais.

Marvel

E curiosamente vexo agora un vídeo no que un par de amigos falan sobre a actualidade do mundo do cómic, nun tipo de discusións que son eternas e reiteradas cando xuntas a uns cantos lectores de banda deseñada mainstream na mesma habitación. Non se trata de discutir sobre se Hulk é máis forte que Thor, ou se as historias non paran de dar xiros de 360 graos (si, 360, non 180), senón simplemente de intercambiar comentarios e opinións.

Ese tipo de charlas tenden a ser apaixonadas, divertidas e case diría que fundamentais para construír a cultura friki, como ben reflexa Kevin Smith nas súas primeiras películas. De feito, unha das melloras cousas que teñen as tendas de comics é poder coincidir con outras persoas para realizar certo de tipo de apreciacións que na Internet poderían quedar algo frías. Por sorte, as discusións deste tipo tenden a rematar ben:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS