Xornadas de anime a ritmo afro

Parece mentira que tivese que agardar á sétima edición das Xornadas de Anime que organiza Mangalego para achegarme até o encontro que durante tres días amosou numerosas películas e...

Forum Metropolitano

Parece mentira que tivese que agardar á sétima edición das Xornadas de Anime que organiza Mangalego para achegarme até o encontro que durante tres días amosou numerosas películas e capítulos de series de televisión xaponesas.

comics no Forum

O evento tivo lugar no Forum Metropolitano, que estes días no seu recibidor conta cunha interesante selección de banda deseñada para a súa lectura, o que serve para lembrar ao público que nas bibliotecas públicas tamén hai espazo para a novena arte.

proxeccións

Das exhibicións de series fíxome graza poder ver por fin un episodio de Kill La Kill, serie da que vin que había moito cosplay, pero da que nunca vira nada.

cosplayer fóra de concurso

E falando de cosplay, nas xornadas tamén houbo un concurso, no que só participaron 4 persoas, o que foi un tanto curioso, pois resulta que no corredor había máis xente caracterizada, pero que non se animaran a competir.

karaoke

Un dos toques ben curiosos foi a competición de karaoke, na que predominaron os temas en xaponés, e incluso unha frikada de interpretación muscular (en Facebook teñen o vídeo musical subtitulado):

karaoke musculoso

Iso si, o tema que cantaron en español non podía estar mellor elixido:

Aínda que eu botei en falta algunha canción en galego de Son Goku, Arale ou algunha outras serie dos grandes tempos do Xabarín Club.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS