Autobán, dubidú, bambán

Aínda que Viñetas desde o Atlántico ten unha chea de actividades oficiais, paralelamente tamén se desenvolve o Autobán, un festival de autoedición e banda deseñada de autor, que vai...

Aínda que Viñetas desde o Atlántico ten unha chea de actividades oficiais, paralelamente tamén se desenvolve o Autobán, un festival de autoedición e banda deseñada de autor, que vai reforzar considerablemente a semana do cómic cunha serie de encontros que poden verse cunha simple ollada:

autoban_01

autoban_02

autoban_03

autoban_04

Disque o combate de debuxantes é a rehostia (o ano pasado incluso houbo que tivo que conformarse con velo dende a rúa), a experiencia de Rubín con Itermón tamén resulta curiosa (o autor comentou que a campaña da ONG baseada en banda deseñada foi das que mellor resultado deu) e as mesas redondas prometen ser do máis interesante (aínda que a que modera Nieves Rodríguez paréceme a máis interesante, seica Emma Ríos quere soltar algún comentario bastante provocador nas súas intervencións).

Os mozos do Autobán incluso teñen un trailer de seu:

Algunha desculpa para faltar ao que montan estes entusiastas da banda deseñada?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS