Primeiro día de Viñetas desde o Atlántico

Por fin botou a andar Viñetas desde o Atlántico, festival da banda deseñada que se inaugurou ás 19:30 horas no Kiosco Alfonso, e do que por fin sei o...

Cartel oficial de Viñetas 2014Por fin botou a andar Viñetas desde o Atlántico, festival da banda deseñada que se inaugurou ás 19:30 horas no Kiosco Alfonso, e do que por fin sei o calendario de charlas e conferencias que terán lugar en tal edificio:

  • Martes, 5:
    18:00 – 19:15 – Charla Oriol Hernández
    19:30 – 20:45 – Charla Sento
  • Mércores, 6:
    18:00 – 19:15 – Charla Jano
    19:30 – 20:45 – Charla Javier Rodríguez
  • Xoves, 7:
    18:00 – 19:15 – Visita guiada á exposición Clásicos do Tebeo con Jaume Vaquer
    19:30 – 20:45 – Charla Montse Martín
  • Venres, 8:
    18:00 – 20:00 – Sinatura de autores
    18:00 – 19:15 – Charla Oxfam Internacional
    19:30 – 20:45 – Charla Zidrou
  • Sábado, 9:
    12:00 – 13:30 – Sinatura de autores
    18:00 – 19:15 – Charla Marcos Martín
    19:30 – 20:45 – Charlie Adlard

Deste xeito parece que xa coñecemos o programa completo da edición deste ano de Viñetas, que parece bastante completa no que actividades se refire.

IMG_5886

Sobre as exposicións, hoxe puiden pasar pola do PALEXCO, e é moi recomendable, con obras de Charlie Adlard, Marcos Martín e Javier Rodríguez. De Adlard sorprendeume ver material de The Passenger, historia que como Los Muertos Vivientes tamén conta con Robert Kirkman como guionista e que ten boa pinta, e que esperan que chegue ás librarías este mesmo ano (ou sexa, que é unha oportunidade magnífica para botar unha ollada anticipada á obra).

Algo que si pode ser bastante decepcionante é que de Martín e Rodríguez había moita impresión dixital, deixando patente que o concepto de orixinal dun cómic vai camiño de desaparecer, polo que entendo que unha exposición de material deste tipo non ten sentido sen unha guía sonora (aínda que sexa gravada) que ilustre sobre o que estás a ver (pois ao non ter un orixinal diante, importa o que se quere dicir coas pezas elixidas, pero as pezas en si mesmas carecen de valor, xa que poderías velas tranquilamente dende a casa na propia publicación da que se extraeron). Os traballos de Martín para Spider-Man parecéronme bastante bos, pero sorprendeume bastante máis o que fixo Javier Rodríguez co trepamuros e con Daredevil, dos que amosa unha serie de páxinas que fan que vaia ter moi presente ao autor de cara ao futuro.

Tras ver a exposición pasei polas casetas de venda, e aínda que o emprazamento novo (entre o Casino Atlántico e o Copacabana) pode parecer algo apartado e apertado, vese que cumpre, e a cousa non quedou mal, aínda que en vez de ser a rúa da BD debería chamarse a praza da BD.

Fullmetal Alchemist

No que ao cosplay se refire, polo momento só vin a unha rapaza que ía de Edward Elric de Fullmetal Alchemist.

A miña visita non foi en balde e, aparte de atopar a varios amigos que había tempo que non vía, aproveitei a ocasión para mercar un cómic que levaba bastantes anos agardando a que reeditasen dun xeito digno. «KIMOTA!».

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS