Que foi do blogomillo?

Hai un par de semanas, Manuel Gago participou no programa Metrópoles Delirantes (no que me pitaron os ouvidos ao citarme por mor dunha confusión entre os nomes Código Cero...

Deseño de Suevo

Hai un par de semanas, Manuel Gago participou no programa Metrópoles Delirantes (no que me pitaron os ouvidos ao citarme por mor dunha confusión entre os nomes Código Cero e Capítulo 0), comentando que o seu blog é o máis antigo do chamado Blogomillo (naceu a finais de 2003), o que levoume a facer memoria do tan marxinado fenómeno galego, do que tiña falado en ocasións como cando este espazo medrara ata o posto 13 da listaxe que facían dende Blogaliza, para intentar visualizar na cabeciña o que fora de tanto espazo na web, comprobando que a impresión que tiña non se axustaba á realidade.

A que me estou a referir? Pois ao feito de que cada moitos meses miraba as ligazóns a outros blogues que teño neste caderno de Internet, e sempre tiña que eliminar varias, pois os blogues pasaran ao esquecemento. Pero resulta que esa percepción é moi subxectiva, pois o que pasa é que, coa excepción dos Manolos (Gago e Bragado) os grandes referentes do Blogomillo si tiraron a toalla, pero iso non significa que fixeran o mesmo todas as publicacións en liña, e para demostralo, collín a coñecida listaxe que elaboraban en Blogaliza tirando axuda de Archive.org, concretamente a do 3 de febreiro de 2008, e comprobei o estado das 100 primeiras, concluíndo que preto dun terzo aínda está a dar guerra.

Tamén podemos comentar que boa parte dos cadernos non están dispoñibles porque desapareceu a plataforma de blogs na que se publicaban, polo que, se non fose así, é posible que aínda estivesen en liña, o que non nos permite saber se estamos ante un peche voluntario deses espazos virtuais.

É posible argumentar que realmente o número de blogues activos é moi inferior ao indicado ao coller os 100 máis relevantes, pero comprobando algúns do resto de cadernos pillados ao chou podemos entender que, aínda que a relación de supervivencia nos últimos 6 anos fose de menos do 30% segue a ser unha porcentaxe bastante boa se a comparamos coa pervivencia de, por exemplo, as contas en servizos en liña. Claramente a caída é moi inferior á que, por exemplo, tivo Tuenti (só por coller un servizo moi popular, existindo moitos outros que tamén padeceron unha sangría de usuarios nos últimos anos), o que considero todo un éxito dentro dos parámetros actuais.

Podedes comprobar a listaxe a continuación, onde aparecen en gris os cadernos desaparecidos ou abandonados (considerei abandonado aos que non publicaron ningunha actualización no que vai de ano):

[custom_table style=”3″]

Blogue Última actualización
Brétemas 13 de xuño (nun novo enderezo: bretemas.com)
O Blog de Andres Milleiro 18 de abril (non está en galego)
Capítulo 0 12 de xuño
marcus.es 10 de xuño
A Nosa Biblioteca 2.0 Xaneiro de 2011
Apocalipse do porco 14 de maio de 2013
días estranhos 13 de febreiro de 2011
Nun mundo de paxaradas II Febreiro de 2013
Beliscos pequenos Desaparecido
A Regueifa Sen contidos
Plataforma Ártabra 21 13 de xuño
As túas balas 27 de novembro de 2009
ZERO VACAS Pechado
Atlântico Azul – Paixão pelo Mar 21 de marzo
AUTOXIRO Pechado
Fios
invisibles
4 de decembro de 2012
Calidonia 8 de xuño (nun novo enderezo: calidonia.eu)
../artesonoro.org 13 de xuño (non está en galego)
Elianinha Pechado
SUSO LISTA, PERCEBEIRO DO RONCUDO Pechado
Amigus 13 de xuño
Galicia Confidencial 13 de xuño (xa non é un blogue)
CINEMA FRIKI 6 de marzo de 2012
O Porto dos Escravos 8 de abril
Asociación de Usuarios GNIX Sen contidos
as uvas na solaina 5 de decembro de 2010
[alg-a] 11 de xuño
OUTRAS LERIAS 15 de abril
casatlantica 9 de xuño de 2009
O demo me leve 16 de abril de 2012
A Randeeira Non dispoñible
leoeosseus 13 de xuño
A Pícara de Allegue 24 de decembro de 2009
Sekeirox 15 de xuño de 2009
A dorfunteca 28 de xaneiro
Blog de Ana B. Bande 26 de marzo
Galpón de Breogán 25 de febreiro de 2010
si home si 27 de marzo
Opaco 22 de maio
As Crónicas de Gáidil 9 de outubro de 2010
O levantador de minas 31 de maio
berto Sen contidos
Galicia Gastronomica 14 de xuño
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol 13 de xuño
ivanpuentes.com Sen contidos
Blas García 30 de marzo (nun novo enderezo: blasgarcia.com)
aLi!! Desaparecido
alicia crece Suplantado
Trebellos 23 de novembro de 2008
Gradicela 28 de maio
a casa das meigas Desaparecido
O fiolato – gz ceive Desaparecido
novas tecnoloxías Desaparecido
Cabrafanada Decembro de 2008
cartafol de silencios Eliminado
O Outro Lado do Espello 21 de xaneiro
MariBolheras Precárias Non responde
viaxe polas novas tecnoloxias Desaparecido
Colectivo Fusquenlla Non dispoñible
Diario dum suevo. 6 de setembro de 2008
ModestoWeb 3 de xuño
BDbanda 26 de novembro de 2012
SANDMAN DESIGN & ILLUSTRATION Eliminado
artritris 13 de xuño
Komunikando.net Desaparecido
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF – 12 de xuño
post scriptum 2 de febreiro de 2007
blog de diana Desaparecido
dor na retina 7 de outubro de 2011
si home si Desaparecido
VIGOBLOG 11 de xuño
Selva de Esmelle 5 de xaneiro
Moderno de merda Eliminado
Colineta 29 de abril de 2013
demares 25 de xuño de 2012
Lareira Pechado
Mensaxe nunha botella 30 de xuño de 2008
MOVIMENTO POLOS DIREITOS CIVIS 15 de febreiro de 2013
o leo i arremecághona!!! 8 de agosto de 2013
o blog dos pelachos 14 de decembro de 2010
POLÉMICAS, NOTICIAS, CRÍTICAS, CURIOSIDADES, ACTUALIDADE.. 31 de maio de 2007
GALIZA – ISRAEL 13 de xuño
f-cape.org 27 de abril de 2012
valdeorosa 15 de novembro de 2013
Kanikuly Desaparecido
Alfaias 15 de marzo de 2010
e-music Desaparecido
De pinchos 18 de marzo de 2013
O bazar de nes Desaparecido
Cineclube de Compostela 13 de xuño
sabela Sen contidos
Chirimbolos e Ourilocelontes 24 de decembro de 2008
blog and roll… en galego Pechado
Turismo en Galicia 26 de maio
O niño do moucho 7 de outubro de 2011
Lucensismo e outros males 3 de maio de 2009
De Sons Desaparecido
Nelly Perez Giraldez 30 de marzo de 2013
Hora de ler 11 de xuño
cesc Desaparecido

[/custom_table]

Que foi entón da tan comentada morte do Blogomillo? Pois o que pasou realmente é que desapareceu o seu núcleo duro, perdeuse a sensación de comunidade, pero non porque os blogues en galego desaparecesen en masa (a caída foi moi paulatina) senón porque a conversa trasladouse a plataformas como Facebook ou Twitter, onde a barreira de acceso para o público aínda é máis baixa que para crear un blog, de xeito que só quedan a alimentar este formato os que queren dicir algo dun xeito máis público ou que prefiren manter o control dos seus contidos, á vez que evitan que estes sexan efémeros (como acontence nas principais plataformas sociais, onde as publicacións duran un suspiro).

Esperemos que os blogs en galego continúen a dar guerra moito tempo, pois é un xeito magnífico de ofrecer contidos en galego na Rede, que permanecen no tempo, e non como o que compartimos en plataformas alleas, onde as palabras lévaas o vento.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS