Os 21 do Camiño celebrarán a súa segunda edición dentro dun mes

Xa temos a carreira ás portas, e o 28 de xuño celebrarase en Melide a 2ª Media Maratón Palas-Melide que responden ao nome de Os 21 do Camiño, que...

Os 21 no Camiño

cartel deste anoXa temos a carreira ás portas, e o 28 de xuño celebrarase en Melide a 2ª Media Maratón Palas-Melide que responden ao nome de Os 21 do Camiño, que espera ter unha afluencia de participantes moi ampla (máis de 700 corredores) despois do ben que saíu a edición anterior, que incluso con algunha que outra pinga de chuvia foi todo un éxito.

Xa leva tempo aberto o rexistro para esta proba (que xa conta con máis dun cento de persoas anotadas pese a que falta un mes para a súa celebración), e para animar a que esta quede tamén ben retratada, dende a asociación Enfócame organizan tamén un concurso de fotografía co que premiarán ás tres mellores instantáneas con premios por valor de 100, 60 e 40 euros respectivamente.

concurso de fotografía

Dende Enfócame incluso suxiren localizacións interesantes dende as que poder tomar unhas boas fotografías durante o percorrido da carreira.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS