Nova tenda de comics na Coruña

Sinto unha perturbación na Forza. Vexo en Facebook que o vindeiro 6 de xuño Metrópolis Comics vai abrir tenda no número 16 da rúa Río Monelos da Coruña, o...

Metropolis Comics Coruña abre o 6 de xuño

Sinto unha perturbación na Forza. Vexo en Facebook que o vindeiro 6 de xuño Metrópolis Comics vai abrir tenda no número 16 da rúa Río Monelos da Coruña, o que celebrarase cun 5% de desconto directo nas compras tanto da tenda ferrolá, como da nova na cidade herculina e na súa tenda en liña dende o 1 de xuño. Podería parecer unha magnífica nova, ao incrementar a oferta para o público coruñés e achegar un establecemento moi ben situado (a poucos metros do Corte Inglés, o que fai que aparcar o coche non sexa un martirio) pero os precedentes só me provocan temor.

algúns comics da tenda ferrolá de Metrópolis ComicsNon quero ser negativo, pero a última vez que houbo moitas tendas de comics na Coruña provocou o peche de varias en poucos meses, e é unha experiencia que non me gustaría que se repetise. Neste momento na Coruña temos dúas tendas de Alita Comics e unha de Kikocomic, que teñen que competir con establecementos como a FNAC e incluso Amazon.es, presión que non foi capaz de aturar Tanxencias Comics (tenda á que boto moito en falta) polo que a apertura dun novo establecemento podería fragmentar o negocio aínda máis nun momento moi complicado.

Espero equivocarme, e que a nova tenda poida sustentarse sen ferir de morte a algunha das actuais, pero a cantidade de establecementos semellantes que pecharon na Coruña nos últimos 18 anos non me deixa ser optimista (desapareceron todas as tendas que abriron no século pasado), e o actual panorama editorial español tampouco é moi positivo. Estourará a burbulla da banda deseñada na Coruña? Agardemos que non, aínda que sexa porque o negocio está nun ámbito que toca transversalmente a outros produtos culturais como os xogos de rol, os xogos de mesa, o anime, o cine…

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS