SingStar terá unha app que convertirá o móbil nun micrófono ¿invertido?

Que anuncien que este ano Sony vai lanzar unha edición de SingStar para PlayStation 4 non creo que sorprenda a ninguén a estas alturas, pero que en Google Play...

Smartphone facendo de micrófono

App de SingStarQue anuncien que este ano Sony vai lanzar unha edición de SingStar para PlayStation 4 non creo que sorprenda a ninguén a estas alturas, pero que en Google Play e a App Store vaiamos ter unha aplicación oficial que permitirá converter o smartphone nun micrófono para o xogo, tanto na súa versión para PS3 coma para a de PS4 paréceme unha xenialidade… ou case. ¿Por que digo case? Pois porque sendo Sony un fabricante de teléfonos paréceme imperdoable que fixeran a aplicación móbil ao revés.

Non é preciso ser moi agudo para decatarse que o micrófono que aparece na pantalla do smartphone mira ao auricular do teléfono en vez de ao seu micrófono, polo que se agarramos o terminal como amosan no vídeo de presentación do SingStar para PlayStation 4 non se escoitaría nada xa que as mans do xogador bloquearían o micrófono do smartphone.

Sorpréndeme que non haxa xente en Twitter facendo burla do curioso detalle. Supoño que o feito de que esta curiosa proposta aforre o feito de ter que ter micrófonos dedicados para xogar ao SingStar é o único detalle que está a captar a atención, aínda que admito que considero decepcionante que Sony continúe na teima de vender o xogo completo cun catálogo de cancións, en vez de optar directamente por un formato descargable no que merquemos só as cancións coas que queiramos pintar a mona.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...