O novo tablet de La Voz de Galicia, na liña de sempre

«Por muy rápida que sea, a mi no se me escapa», iso din no anuncio radiofónico do tablet que venderá La Voz de Galicia a partir do vindeiro domingo,...

anuncio do tablet

«Por muy rápida que sea, a mi no se me escapa», iso din no anuncio radiofónico do tablet que venderá La Voz de Galicia a partir do vindeiro domingo, e como vén a ser habitual nas promocións dos xornais, estamos ante outra oferta da que é mellor fuxir, pois estamos ante un dispositivo cunhas prestacións tan axustadas que non servirá practicamente para nada e, para máis inri, tampouco está ao mellor prezo (podemos atopar dispositivos semellantes, e incluso un chisco máis rápidos, por menos de 30 euros).

Este tablet repite as eivas que presentaba o smartphone do que vendía La Voz hai un par de meses: vén con Android 4.2 e pouca RAM (512 Mb), o seu procesador é moi limitado, e o peor de todo é que a súa pantalla ten unha resolución de 800 x 480 píxeles, ou sexa, que a súa cativa pantalla de 7 polgadas amosará píxeles coma puños (e as páxinas web normalmente non collen en tal ancho, polo que navegar cun dispositivo así é un suplicio, e a pouca densidade de píxeles tampouco permitirá unha lectura cómoda de texto).
A batería de 2.800 mAh tamén resulta moi definiente para unha pantalla de tal tamaño, pois aínda que estaría ben para un smartphone de 5 polgadas, o teléfono ten case sempre a pantalla apagada, mentres que o uso de tablets é principalmente para ver contidos, polo que cun tablet así estaríamos sempre pendentes dun enchufe.

En definitiva, que o meu consello é non mercar produtos deste tipo, pois aínda que poden parecer baratos, ao achegar unha experiencia de uso moi mala, ao final non se usarán nunca, polo que a súa compra é como tirar os cartos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...