¡O río Furelos inunda Melide!

Non, non o verán os meus ollos. Dada a diferenza de altura que hai entre Melide e o río Furelos é practicamente imposible que a auga chegue á vila,...

Melide inundado

Non, non o verán os meus ollos. Dada a diferenza de altura que hai entre Melide e o río Furelos é practicamente imposible que a auga chegue á vila, pero así pode verse dende unha páxina web que busca concienciar sobre a nosa pegada de carbono e o cambio climático, factores que contribúen ao desxeo dos polos e á consecuente suba do nivel do mar (ou sexa, que podemos estar tranquilos, que Melide estaría fóra de perigo).

Que na imaxe a rúa que vai para Agolada estea libre da auga tamén ten a súa graza.

Pazo de Congresos da Coruña baixo a auga

Pero o fallo na recreación baseada en Google Street View non erra só con poboacións do interior, senón que incluso falla en vilas costeiras como a cidade da Coruña, pois non ten en conta al altura das rúas, e foi xerar a imaxe xunto ao Pazo de Congresos, que é un dos edificios a maior altura da cidade… se o fixeran na Praza de María Pita resultaría moito máis realista.

De todos os xeitos, o efecto creado é bonito, e pode levar a reflexionar non só no quecemento global, senón tamén en prácticas como a de roubarlle terreo ao mar, que na Coruña demostra os seus riscos todos os invernos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS