Nova edición do MelindresRicos & Coffee Tour

Tras o éxito da pasada edición, a competición MelindresRicos & Coffee Tour terá unha segunda edición segundo dan conta dende o Concello de Melide : Coffe & Tour Melindresricos...

Presentación Coffee & Tour Melindresricos

Tras o éxito da pasada edición, a competición MelindresRicos & Coffee Tour terá unha segunda edición segundo dan conta dende o Concello de Melide

:

Coffe & Tour Melindresricos por 2º ano consecutivo

Na mañá de hoxe, presentouse no Concello de Melide a 2.º edición do Coffe &Tour Melindresricos, unha iniciativa que se está a organizar con motivo da XXIII Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide.

Esta ruta do café está dirixida aos estabelecementos de Melide dedicados á actividade de restauración e que dispoñen de máquina de café.

Nesta edición, os estabelecementos participantes Terán que preparar para o concurso un capuchino acompañado de algún dos doces de repostaría tradicional melidense: melindre, rico e/ou amendoado.

Levarase a cabo desde o 2 até o 8 de maio de 2014 e na que os locais participantes poñerán ao dispor dos clientes o seu capuchino elaborado a un prezo de 2€.

Os locais interesados deberán solicitalo entregando un formulario de inscrición no Concello de Melide e terán de prazo até o xoves 24 de abril para facelo.

Os solicitantes a participar no concurso terán a posibilidade de asistir a unha Master Class impartida polo barista profesional Damián Seijas, valorado como un dos mellores baristas de España, o cal proporcionará ideas para a elaboración dos capuchinos. Esta sesión formativa terá lugar o luns 28 de abril de 2014 na aula de formación Coffee Spirit, sita na Ronda de Pontevedra, 56 baixo.

Espero que o nome do certame que figura na web do Concello sexa un erro de redacción, pois aparte de escribir mal coffee, muda a orde dos factores, que nesta ocasión muda totalmente o produto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS