Control de alcoholemia en Melide

Para os que se perderan o último programa de Informe en V, comentar que xa pode verse íntegro na páxina web de V Televisión, aínda que de todo o...

Para os que se perderan o último programa de Informe en V, comentar que xa pode verse íntegro na páxina web de V Televisión, aínda que de todo o espazo a mi gustaíame destacar o segmento dedicado ao control de alcoholemia que a Garda Civil de Tráfico fixo en Melide entre os días 5 e 6 do presente mes, nunha impresionante operación na que cazaron a unha chea de condutores bébedos:

Unha das cousas máis preocupantes é que case todos os condutores admitían estar avisados do control, e aínda así levaban moitos cubatas no corpo. O feito de que case todas as segundas medicións do nivel de alcohol fosen maiores que as primeiras tamén mete medo, pois dá a impresión de que a xente colle o coche despois de tomar a última, en vez de facelo despois dun café.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS