Happy (o novo meme en YouTube)

O tema Happy de Pharrell Williams, pese a levar 4 meses na Rede nun vídeo musical que acumula máis de 140 millóns de reproducións (o tema xa saía na...

O tema Happy de Pharrell Williams, pese a levar 4 meses na Rede nun vídeo musical que acumula máis de 140 millóns de reproducións (o tema xa saía na banda sonora de Gru, mi villano favorito 2 editada en xuño, polo que distaba de ser algo novo) non foi ata hai pouco que emerxeu con forza como inspiración para numerosos vídeos como acontecera no seu día con Gangnam Style ou co Harlem Shake, xa que ten un concepto sinxelo:

E este mes está a dar pé a numerosos vídeos entre os que non podo evitar destacar os de cosplay, comezando pola pasada edición da FuyuCon, encontro que non deixa de lembrarme ao ExpOtaku coruñés:

A gravación efectuada polo club de seareiros de Star Wars de Túnez xa ten un nivelazo incrible:

Pero a min o que que finalmente fíxome máis graza é o vídeo do noso Masacre bailongo:

Vale que eu xa escachei coa risa ao ver a Masacre co axente de HYDRA, Bob; pero tamén gustei de ver o currado que estaban os disfraces de Spawn e Raiden, que Vampy tivese o detalle de lembrar a Princesa do Comando G e dos pequenos disfrazados de Mercurio e Bruja Escarlata con Magneto detrás deles.

Aínda que para botar unhas risas cunha das parodias de D. Piddy/Masacre aínda é máis recomendable ver a súa versión de Blurred Lines:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS