Ollo co smartphone de La Voz de Galicia

Antes de que a xente comece a preguntarme polo smartphone que van vender co xornal La Voz de Galicia a partir do vindeiro domingo, adiántome eu, como noutras ocasións,...

anuncio do smartphone de La VozAntes de que a xente comece a preguntarme polo smartphone que van vender co xornal La Voz de Galicia a partir do vindeiro domingo, adiántome eu, como noutras ocasións, e desaconsello radicalmente a súa compra incluso sen saber a marca do dispositivo. Estamos ante un terminal que xa sería malo hai 4 anos, polo que hoxe xa non digamos.

Non, non hai que mirar se acepta dobre SIM, se ten 3G ou se o seu procesador ten dobre núcleo, senón que hai que fixarse en detalles moito máis importantes nun móbil como a batería (uns pobres 1.200 mAh), a resolución de pantalla (uns limitados 320 x 480 píxeles) e, claramente o peor de todo, os 256 Mb de RAM. Chega con dicir que o meu móbil con Android de hai 4 anos (o Nexus One) viña co dobre de RAM e cunha versión moi vella de Android, polo que estou totalmente certo que un móbil con 256 Mb de RAM e Android 4.2 vai como o carallo.

Best Buy EasyPhone 3.5O móbil parécese sospeitosamente ao que está á venda por 59,90 euros (podendo atoparse por 53,98 euros con gastos de envío incluídos), pero que xa vén con 512 Mb de RAM e batería de 1.300 mAh, polo que a promoción de La Voz pode ser calquera cousa agás unha oferta, dando a impresión de que se trata dunha simple eliminación de stock de terminais (ao final vai ser certo que o prezo do móbil “dará que falar”, pero non para ben). Non digades que non estades avisados.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...