RoboCop no CES

No mundo do cine parecen estar a esgotarse as ideas, e o novo e innecesario filme de RoboCop está a promocionarse co que sería unha conferencia da compañía OmniCorp...

RoboCop

No mundo do cine parecen estar a esgotarse as ideas, e o novo e innecesario filme de RoboCop está a promocionarse co que sería unha conferencia da compañía OmniCorp (nome que desta volta recibe a OCP) durante a edición do Consumer Electronics Show (CES) de 2027:

Este adianto do filme que veremos nos cines españois a partir do 14 de febreiro estaría moi ben se non fose unha mala copia da charla de Peter Weyland nunha conferencia TED do anos 2023, como anticipo da película Prometheus:

Pouca orixinalidade queda no mundo do cine. Espero que o filme de RoboCop non estea moi mal. Polo momento o videoxogo que hai para dispositivos móbiles adaptando a película está a anos luz da obra mestra inspirada no filme de Paul Verhoeven.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS