Dell XPS 10: a ofertaza do mes

Nin Black Friday, nin farrapos de gaita; durante o mes de decembro estamos a ver mellores prezos en moitas tendas en liña que nas supostas rebaixas do derradeiro venres...

Dell XPS 10

Nin Black Friday, nin farrapos de gaita; durante o mes de decembro estamos a ver mellores prezos en moitas tendas en liña que nas supostas rebaixas do derradeiro venres do mes pasado, cando menos en tecnoloxía; e aínda que estes días a meirande parte das promocións limitábanse aos EE.UU., esta mañá avisáronme dunha oferta impresionante na páxina web de Dell que debería botar aos consumidores de cabeza: un tablet Dell XPS 10 por 149 euros (gastos de envío incluídos).

Falamos dun tablet con pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDXC), cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, Wi-Fi N de dobre banda, Bluetooth 4.0, micro USB, conector para estación base (pode incluírselle unha especie de teclado+trackpad de portátil, e incluso saída HDMI), un grosor de 9,2 milímetros e un peso de 635 gramos, que funciona con Windows RT e inclúe a versión doméstica de Office 2013 RT.

[content_right title=””]En breve contará co
reprodutor multimedia VLC
[/content_right]¿Que quere dicir todo iso? Pois que polo prezo dun tablet con Android de 7 polgadas podes ter un tablet de 10 polgadas que permite instalar aplicacións da tenda de descargas de Microsoft (ten poucos xogos, pero si conta con Facebook, Twitter, Flipboard, Dropbox… e moitas outras aplicacións interesantes, entre as que está a piques de chegar o reprodutor multimedia VLC), acceder á web con soporte de Flash (cunha experiencia infinitamente mellor que a que temos con tablets con Android), coa posibilidade de empregar o Office de Microsoft (e non un sucedáneo con problemas de compatibilidade), acceso ao sistema de ficheiros (pódense copiar ficheiros entre unidades ou acceder a un mesmo documento dende varias aplicación, sen as restricións que ten o iPad) e incluso coa posibilidade de empregar impresoras (unha importante carencia da meirande parte dos dispositivos móbiles). Ou sexa, que temos un dispositivo que podemos entender como un portátil algo limitado, que resulta moi cómodo para navegar pola web, ver vídeos ou fedellar nas redes sociais, á vez que tamén é válido para usos ofimáticos (especialmente se lle conectamos un teclado externo e un rato).

[content_right title=””]Reducido catálogo de
xogos (polo momento)
[/content_right]Cómpre dar conta de que non estamos ante un tablet con Windows 8, ou sexa, que non poderemos instalar aplicacións tradicionais de PC, o que si permite outros dispositivos que hai actualmente no mercado, pero que custan exactamente o dobre. Se queremos comparar con dispositivos con Android, notaremos carencias no que se refire ao catálogo de aplicacións, pero é algo que vai mudando pouco a pouco, e cada vez hai máis aplicacións para os tablets de Microsoft. Dito doutro xeito: se o que queres é xogar ao Candy Crush Saga non é o teu dispositivo, pero se pasas bastante de xogar e o que buscas é consumir contidos e poder empregar o Word, o Excel ou o PowerPoint nun momento puntual, velaquí tes a solución ideal. Un produto claramente recomendable para uso empresarial, para xornalistas e para estudantes.

ACTUALIZACIÓN: Durante a mañá o tablet puido mercarse sen dificultade, pero pola tarde remataron as unidades dispoñibles, non sendo previsible que vaian ter máis, pois Dell está agora a comercializar novos tablets con Windows 8 (que parece ser a tendencia predominante).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...