Novas tarxetas de visita con aire retro

Hoxe o carteiro achegou unha agradable sobresa: ¡as miñas novas tarxetas de visita! O deseño foi froito da inspiración que chegou á miña cabeza ao lembrar que tiña pendente...

tarxetas de visita Moo

Hoxe o carteiro achegou unha agradable sobresa: ¡as miñas novas tarxetas de visita! O deseño foi froito da inspiración que chegou á miña cabeza ao lembrar que tiña pendente escribir sobre a pasada edición de RetroCoruña (¡xa choveu!), e que incluso levoume a facer un vídeo super-friki:

Nas tarxetas decidín por os meus datos con forma do menú do meu vello ZX Spectrum +2 (¡o gris!) e cunah pantalla de carga pola outra cara.

tarxetas de visita ZX Spectrum +2

As imaxes de carga corresponden a xogos dignos de lembrar como Robocop, Game Over (pola súa polémica carátula), Ghost’n Goblins, Green Beret, Operation Wolf, La Abadía del Crimen (si, ese que tardaba 15 minutos en cargar), Out Run, Batman The Caped Crusader (o clásico é o de Jon Ritman, pero a pantalla de carga do seguinte xogo era máis chula), Head over Heels (non podía deixar a Ritman fóra), Renegade, Gryzor (non entendo a teima de chamarlle Contra, cando en España non recibiu tal nome) e Fernando Martín Basket Master (un dos títulos dos que gardo mellores recordos pese a ser cutrísimo), e a imaxes miñas están adaptadas para parecer feitas cun Spectrum. Unha frikada que non fun quen de evitar. Non serán as tarxetas de visita máis discretas do mundo, pero ninguén pode negar que son moi propias da miña persoa. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS