TARDIS, unha libraría-cafetaría que abre as portas o Día do Doutor

Poucas horas antes da estrea de The Day of the Doctor nos cines da Coruña, a cidade herculina vai estrear un novo establecemento que é unha mestura entre libraría,...

TARDIS

Poucas horas antes da estrea de The Day of the Doctor nos cines da Coruña, a cidade herculina vai estrear un novo establecemento que é unha mestura entre libraría, cafetería e centro recreativo, no que será posible adquirir comics, libros e merchandising mentres se toma un café ou degustan uns cupcakes. ¿E que ten que ver este local co Doutor Who? Pois precisamente que recibe por nome TARDIS, aínda que dubido que sexa máis grande por dentro que por fóra.

A apertura de TARDIS terá lugar o sábado ás 18:00 horas, celebrándose tal acontecemento con sorteos, descontos dun 10% e, presumiblemente, un ambientazo propio das horas anteriores a unha estrea cinematográfica friki (sospeito que haberá algún cosplayer whovian por alí). O local está no número 8 da Praza do Comercio, e supoño que haberá que achegarse por alí nunha xornada tan especial domo será o Día do Doutor.

Os responsables de TARDIS tamén teñen unha tenda de camisetas en liña aproveitando a plataforma de La Tostadora. Haberá que esforzarse para non picar con algunha.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS