É posible conseguir entradas para ver ao Doutor Who en 3D

O vindeiro sábado de madrugada imos poder celebrar o 50º aniversario do Doutor Who por todo o alto nos cines de Marineda City, e para os despistados, avisar de...

O Doutor coa entrada e o desparafusador sónico
O vindeiro sábado de madrugada imos poder celebrar o 50º aniversario do Doutor Who por todo o alto nos cines de Marineda City, e para os despistados, avisar de que xa están dispoñibles as entradas a través da web, podéndose mercar tanto para a versión dobrada como para unha versión orixinal sen subtítulos.

Eu pillei o billete para a sesión dobrada, porque foi a primeira en pórse á venda (da outra non se sabía nada), pero agora hai as dúas opcións. O que resulta algo raro é que as butacas boas na sesión dobrada están a aparecer e desaparecer constantemente, ou sexa, que o feito de que nun momento non estean dispoñibles non quere dicir que non vaian a estalo unhas horas máis tarde, algo que me parece bastante trapalleiro.

Vaia, que parece que non vai haber problemas para que os que queiran celebrar a súa afección ao mundo do Doutor poidamos facelo na fin de semana debida. Supoño que aos que píllelles moi lonxe A Coruña, sempre pillaralles mellor o BitTorrent, e incluso sospeito que algún vai poder ver o especial descargado antes de que se proxecte en España, pero as marxes de tempo son tan pequenas que deberiamos chegar ao cine libres de spoilers.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS