Un día vergoñento para El Correo Gallego

Onte pola noite había moito interese por coñecer os datos da sentenza contra o ex alcalde compostelán, Gerardo Conde Roa, e cando por fin se soubo, o público parecía...

Conde Roa happens

Onte pola noite había moito interese por coñecer os datos da sentenza contra o ex alcalde compostelán, Gerardo Conde Roa, e cando por fin se soubo, o público parecía estar a acudir en manada ás páxinas web de El País e La Voz de Galicia, mentres a páxina web de El Correo Gallego ignoraba totalmente a información de máxima actualidade, pero o público ignoraba tal e debía de estar a acudir en manada a consultar a información no que supostamente debería ser o medio de cabeceira da cidade, o que ten toda a pinta de ter provocado a caída do servidor, tanto pola noite como ao día seguinte pola mañá (no momento de escribir estas liñas a páxina web continúa caída). Pero o máis grave de todo é que, ante tal demanda de información, o xornal compostelán dá as costas ao público, e leva 13 horas sen actualizar o seu Twitter e 23 horas sen facer o mesmo no Facebook, nin para dar conta da caída da súa páxina web nin para dicir nin chío do de Conde Roa, o que é un magnífico exemplo de malas prácticas que posiblemente veremos nos vindeiros meses nalgúns deses powerpoints que poñen nos eventos sobre redes sociais.

a portada de El Correo Gallego ignorando a Conde RoaSe iso non fose suficiente, puiden atopar na Rede a portada do xornal, e ao mirar a súa composición moitos poden pensar que a páxina web do medio está mellor caída, pois o tratamento que dan a unha das novas de máis interese para os cidadáns é lamentable, defendendo ao condenado ao destacar o recurso da condena e o feito de que non ingresará en prisión (o que aínda non é seguro, pois ten outras imputacións) por non ter antecedentes (elementos que deberían estar no corpo da nova e non no titular en portada).

Máis lamentables son as novas que destaca a portada do xornal en maior tamaño e mellor posición que a nova sobre o ex alcalde da cidade na que se publica o diario (que non esquezamos que é de ámbito local):

–          Vigo, capital mundial del pescado congelado: ¿que carallo lle importa a un compostelán que en Vigo estean a celebrar unha feira da industria do conxelado?

–          Báñez abre las puertas a que las pensiones suban más del 0,25%: unha mensaxe ambigua que por si mesma carece de valor informativo e que é de ámbito estatal

–          Uno de los que halló el cadáver de Asunta iba “bolinga” perdido: ¿Iso é unha nova? ¿Esa información ten algunha importancia? ¿Hai que colocar semellante parvada nunha portada dun xornal?

En momentos así supoño que os xornalistas de verdade que traballan en El Correo Gallego non estarán moi orgullosos do seu traballo, non porque o fagan mal, senón porque o prestixio da cabeceira que os ampara cae baixo mínimos, e iso vai en detrimento da categoría profesional de todos os que están baixo o seu paraugas.

O peor de todo é que con ese tipo de prácticas os lectores están a fuxir á competencia…

ACTUALIZACIÓN (13:00): Por fin volve a estar dispoñible a páxina web de El Correo, ratificando o que dicía antes: unha desconexión total coa realidade, deixando a nova de Conde Roa nun segundo plano (é preciso desprazarse verticalmente na web para chegar a ler o titular do que todos consideran que é a nova do día):
A web de El Correo Gallego tras a súa caída

Máis abraiante resulta ver que a entreda na web sobre a sentenza de Conde Roa non ten nin o primeiro comentario. Sobran as palabras. [icon icon=”0038.png”][/icon]

Ah, e como curiosidade temos que o titular que falaba dun “bolinga perdido” agora convértese nun “había bebido mucho”. Despois de que os puxeran podres nas redes sociais e criticasen duramente o tratamento que están a dar ao crime de Asunta Basterra.

ACTUALIZACIÓN (14:30): A páxina web de El Correo Gallego está a ter un funcionamento errático, estando en liña de xeito intermitente. Volvo a entender que é por veciños que queren saber máis sobre a sentenza de Conde Roa. Unha mágoa que o diario non estea a aproveitar a oportunidade axeitamente.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS